A cadete Xiana Seijo, subcampioa galega de estrada

304

A ciclista Xiana Seijo, integrante do Club BTT Caimanes Betanzos, continúa a demostrar o seu excelente estado de forma nesta tempada. A xove betanceira, que destaca pola súa versatilidade tanto na montaña coma na estrada, desprazouse esta fin de semana a Sanxenxo para participar no Campionato de Galicia de estrada na categoría cadete.

Alí acadou un meritorio subcampionato galego, un logro que pon en valor o seu esforzo, disciplina e paixón polo ciclismo.

Dende o Concello de Betanzos queremos trasladarlle a nosa máis sincera noraboa, animándoa a seguir desfrutando deste deporte e a continuar colleitando éxitos que son tamén un orgullo para toda a nosa cidade.