O Concello de Betanzos puxo en marcha a última quenda do campamento de conciliación durante a primeira quincena de agosto. Nesta terceira quenda, o traballo en equipo e o respecto pola natureza tiveron unha pegada especial, para as que se colaborou con entidades da contorna.
Estiveron presentes tamén as agrupacións Stop Accidentes e Escola de baile SalsaNova para concienciar sobre seguridade vial e educar en expresión corporal.
Ademais, programáronse saídas á Piscina Municipal de Teixeiro e á Praia de Gandarío, apostando polo tempo de lecer de proximidade.
Con todos estes momentos, elaborouse un vídeo resumo que podedes visualizar premendo na seguinte ligazón.












