Betanzos será, a partir do día 23 deste mes,  “estudio” dunha nova serie Netflix 

730
Betanzos será protagonista nunha nova serie que Bambú Producións prepara para Netflix.


Trátase dunha miniserie que terá como escenario varias localizacións de Betanzos, principalmente no centro histórico, tanto en exteriores como en edificios emblemáticos. A Casa do concello, o CIEC ou zonas como A Ponte Vella, Cañota, Eira Vella…. Serán algúns dos escenarios protagonistas.


A primeira gravación será o día 23 deste mes na Casa do concello. A partir de aí os días de rodaxe prolongaranse durante os meses de outubro e novembro, aínda que o Concello aínda non coñece as datas exactas debido a que irán en función, en moitas ocasións, do aspecto meteorolóxico.


En todo caso, desde o Concello avisarase polas canles de información (redes sociais e Whatsapp) os días de rodaxe cun ou días de antelación.


O Concello explica que aínda que a gravación da serie afectará ao día a día da zona na que se produza a escena, o certo é que será unha promoción de Betanzos nunha serie que “estamos seguros terá éxito nunha plataforma como Netflix”