A tortilla de Café Segundo, gañadora no 2024, consegue este ano o premio popular na Semana da Tortilla

216

A tortilla de Burger City Café Segundo foi elixida como a mellor na votación popular que se celebrou ao longo do certame semanal que o Concello dedica a este produto gastronómico. A tortilla deste establecemento, que xa gañara no 2024 o premio do xurado profesional, foi a máis votada entre os 14 locais participantes no certame. En segundo lugar clasificouse La Travesía Vinos e, en terceiro, O Noso Recuncho.

A alcadesa, María Barral, xunto á concelleira de Comercio, Ángeles Veiga, entregou o premio á mellor tortilla popular a Sheyla Rossana Delgado e Iván Quintáns Lodeiro, representantes de Burger City Café Segundo.

Péchase así o capítulo de galardóns da Semana da Tortilla, que este ano tivo en Adega Lastras ao gañador do xurado profesional coa mellor Tortilla de Betanzos e a David Teijo Regueiro como gañador do premio de tortilla caseira.

Semana do Pincho

O Concello prepara xa o seu próximo evento de promoción gastronómica coa Semana do Pincho, que se celebrará entre o 28 de novembro e o 7 de decembro.