A veciñanza poderá consultar ata o día 20 de decembro a proposta do Plan xeral de Betanzos no Edificio Arquivo e na web municipal

680
A alcaldesa María Barral e o concelleiro de urbanismo Andrés Hermida no segundo andar do edificio Arquivo Liceo

A veciñanza de Betanzos xa pode consultar ata o día 20 de decembro o Plan Xeral de Ordenación Municipal no Edificio Arquivo. Abre así un período de consulta para que os veciños e veciñas poidan consultar o documento e facer, se o estima oportuno, as alegacións que considere.

A consulta pode facerse de maneira presencial no segundo andar do edificio Arquivo, de 09:30 h a 14:00 h, de luns a venres, cun servizo de atendemento ao público. E tamén na páxina web municipal www.betanzos.gal no apartado de novas, onde a veciñanza poderá consultar, a través dun programa específico do Plan, a ordenación do solo que se propón a través deste PXOM, coa cualificación do territorio coa súa ficha individual de información pública.

Para consultar o plan xeral prema aquí

O período de información pública rematará o día 20 de decembro. A veciñanza poderá presentar as alegacións que estime oportunas ata o 20 de decembro polas canles oficiais, é dicir, no Rexistro xeral, situado no Edificio Arquivo ou ben por vía telemática a través da web www.betanzos.gal.

Con esta exposición o goberno local busca a maior participación posible da cidadanía nun documento que marcará o futuro do municipio non so en aspectos de ordenación urbanística senón tamén no índole social, industrial, paisaxístico, e dotacional.

A maiores, os venres ata ese 20 decembro, o equipo redactor do Plan Xeral tamén atenderá á veciñanza que así o solicite mediante cita previa.

Para os veciños e as veciñas que residen na zona rural, o Plan estará exposto nos diferentes centros sociais. Neles poderá recompilar información sobre a incidencia do PXOM nesa zona de afectación.

O documento recolle 2210 novas vivendas en solo urbano (1339 en urbano consolidado, 711 en non consolidado, ás que hai que sumar 160 de ámbitos que contan con plan subsistente). A estas 2210 novas vivendas en solo urbano, o documento amplía esta cantidade con 177 novas vivendas en urbanizable. En núcleo rural mantéñense sen apenas variación. Exponse unha capacidade teórica de ata 892 vivendas. En total, Betanzos prevé un límite de 3279 novas vivendas no período de vixencia do PXOM.