O pasado sábado, celebrouse na localidade de Luintra (OU) a VIII edición do pretixioso “Trofeo Kickboxing Ribeira Sacra”, no que participaron 9 integrantes do ITF Brigantium nas distintas modalidades de combate.
Os resultados foron excelentes, pois houbo varios deportistas betanceiros que se alzaron con pleno de ouros en todas as modalidades que disputaron. Foi así o caso de Yanire Vázquez, que logrou ouro en pointfighting, light contact, kicklight e K1 light. Sandra e Paula Vázquez fixeron o mesmo pero só participaron en tres modalidades ao non ter rivais en pointfighting.
Alicia Mosquera acadou tres pratas e dous bronces, chegando á final de mock combat.
Celia obtivo un meritorio ouro en pointfighting contra unha rival de contrastada experiencia, ademáis de outra prata en K1 e dous bronces en light contact e kicklight, demostrando unha progresión técnica considerable ao medirse con rivais de alto nivel.
Emma Barberá xa se consolidou coma un dos pilares deste equipo de competición brigantino que tan bos resultados acada, contribuido ao medalleiro do club cun ouro en pointfighting, outro en kicklight e tres bronces en light contact, k1 e mock combat.
Román Freire fixo unha espectacular actuación enrriba do ring na disciplina de K1, nun combate moi igualado tivo que conformarse coa prata, xa pola tarde pelexou en Lowkick cotra un rival portugués de altísimo nivel a grande bagaxe que non lle deu opción de demostrar o seu gran potencial, pero deixou pinceladas da traxectoria pormetedora que ten por diante.
Valeria Vázquez fixo unha actuación impecable, confirmando a eclosión que ven demostrando nos últimos eventos, alzouse co ouro en poinfighting, light contact e K1, prata en Kicklight nunha final moi dividida, e bronce en mock combat.
Pola súa banda, Brais Freire ven demostrando unha recuperación ostensible do nivel ao que nos tiña acostumados, tras un pequeño baixón e xa volve a brillar con ouro en kicklight, prata en light contact e K1 light, deixando moi boas sensación que lembran a aquel “mataxigantes” co que o alcumaron hai pouco tempo atrás.
Non só se alzaron co título de mellor club senón que os mellores deportistas tamén son do ITF Brigantium, unha inmellorable antesala do que pode chegar a ser o campionato de España que xa asoma ás portas coa edición senior o vindeiro 24 de abril.
Dende o club, felicitan aos deportistas pola súa constancia e esforzo, ademáis de agradecer os apoios recibidos por parte do Concello de Betanzos.











