O Concello acaba de publicar na web municipal un formulario para abrir a posibilidade a que veciños e veciñas de Betanzos poidan participar na elaboración e confección do Globo de San Roque.
Para inscribirse prema aquí
A iniciativa forma parte dos actos conmemorativos do 150 aniversario do Globo de San Roque de Claudino Pita. Precisamente, a Fundación Globo de San Roque foi a que decidiu abrir un prazo de presentación de solicitudes, a través do Concello, para que aquelas persoas, de calquera idade, que estean interesadas en participar na elaboración do Globo inscríbanse a través da web municipal.
Poderanse apuntar calquera veciño ou veciña de Betanzos que estea interesado/a en participar nesta tradición centenaria.
Os menores de 12 anos de idade deberán, iso si, estar acompañados por un adulto.
Unha vez pechado o prazo de solicitude, a finais deste mes, organizaranse os grupos de traballo que participarán na elaboración do globo durante os meses de verán para que o Globo estea finalizado e listo para o seu lanzamento o 16 de agosto.











