O Concello de Betanzos ven de poñer en funcionamento a oficina de Rexistro en Cl@ve.
Cl@ve é un sistema de identificación, autenticación e firma electrónica común que permite realizar trámites con distintas administracións públicas.
Desta maneira, calquera cidadán que o necesite pode realizar o rexistro no sistema Cl@ve presencialmente na Aula CeMIT do Concello de Betanzos situada na rúa Emilio Romay s/n. Tan só deberá presentar o seu DNI ou NIE.
Unha vez rexistrado en Cl@ve, o cidadán terá acceso aos sistemas de identificación e autenticación Cl@ve PIN, Cl@ve Móvil e Cl@ve Permanente.










