O ITF Brigantiumregresa con 19 ouros do Ribeira Sacra

312

O pasado sábado, celebrouse na localidade de Luintra (Ourense) a VII edición do xap restixioso e internacional “Trofeo de kickboxing Ribeira Sacra”, no que participaron 11 integrantes do ITF Brigantium nas distintas modalidades de combate asistidos polo seu técnico Abelardo Vázquez.

Os resultados foron excelentes, pois, como xa é habitual, houbo varios deportistas betanceiros que se alzaron con pleno de ouros en toda as modalidades que disputaron. Foi así o caso de Brais Freire que logrou ouro en point, ouro en light e ouro en kicklight, ou Yanire Vázquez e Alicia Mosquera que fixeron o mesmo.

Outros coma Iago Vázquez ou Celia Mosquera, víronse privados de tal posibilidade ao quedarse sen rivais en algunha das modalidades ás que optaban, tendo que conformarse con dous ouros cada un.

Ademáis, Sandra Vázquez que se inscribiu en todas as modalidades de tatami e de ring, tivo que conformarse con participar soamente en dúas de tatami, light e kicklight obtendo sendos ouros e unha de ring, na que pelexou na modalidade de lowkick contra unha portuguesa que a superaba en peso 5 kg, e contra a que foi gañando todo o combate ata un xiro inesperado nas puntuacións de dous dos árbitros nos últimos segundos do combate a pesar de non facer nada a súa contrincante para voltear o marcador. En K1 e full contact non se puideron disputar o combates por distintos motivos, polo que tivo que conformarse con dous ouros e unha prata a nosa flamante campioa de Europa.

Os debutantes Diego Rodríguez, cunha prata e un bronce e Emma Barberá deixaron moi boas sensacións, chegando no caso de Emma a gañar dous meritorios ouros nas modalidades de light e kicklight e unhap rata en pointfighting.

Marta García gañou 3 bronces e Paula e Valeria Vázquez un ouro e dúas pratas cada unha nas súas respectivas categorías.

O club ITF Brigantium xa apunta ao campionato de España que se disputará afinais deste mes.

Dende o club, felicitan aos deportistas pola súa constancia e esforzo, ademáis de agradecer os apoios recibidos por parte do Concello de Betanzos.