Betanzos celebrou unha nova Feira de Oportunidades na praza García Irmáns, organizado polo Concello, dentro do programa de promoción e apoio ao comercio local, con grandes descontos, unha zona de lecer infantil e música en directo. O mercado tivo un amplo horario, de 11.00 a 21.00 horas o sábado día 4 e de 11.00 a 20.00 horas o domingo día 5.
A feira de oportunidades desenvolveuse baixo unha carpa instalada na praza García Irmáns con produtos de óptica, téxtil, librería, estética, e de alimentación. O Concello cedeu que a cada comerciante un espazo gratuíto para vender os seus produtos.
En total participaron 18 establecementos: Travesa, ZCV, Beatriz 13, Selgas, Chocolat, Miraquelinda, Distrito Palmeiras, Olivas A Pastora, Bicos, Confeccións Chela, Dans, O Cantón Roupa Interior, Isi Moda e complementos; Lencería Alicia, Tartaruga, Xoma Kids, Biblos e Acebe.
Nesta feira de oportunidades, organizada polo Concello, colaboraron Acebe, Chescasco, a Deputación e a Xunta.
A primeira edil destacou que o Concello recuperou este “Mercabetanzos” lembrando o éxito obtido en anteriores convocatorias pola calidade dos produtos que se poñen á venda, o bo prezo e a amabilidade dos comerciantes: “as casetas de MercaBetanzos reflicten esas características que son á súa vez as características do comercio de Betanzos, diferenciado pola calidade, a variedade e a boa imaxe”.










