O Concello presentará denuncia contra os autores dos actos de vandalismo no parque de Cabildos, no casco histórico da cidade, despois de que dous menores, que estaban acompañados no parque por un adulto, rompesen a pedradas a pantalla led informativa instalada no recinto.
Os feitos producíronse o pasado 25 de marzo, arredor das 15.00 horas. Os actos de vandalismo foron gravados no sistema de cámaras de seguridade do parque, polo que o Concello conta xa coa identificación dos responsables e emprenderá as accións legais correspondentes.
O “mupi” danado foi instalado recentemente xunto ao sistema de taquillas intelixentes, dentro do proxecto de construción do parque.











