Betanzos elimina varios vertederos incontrolados en Piadela y la zona de Farragoto

463

O Concello de Betanzos, a través das concellerías de Obras e Medio Ambiente, eliminou nas últimas horas varios vertedoiros incontrolados atopados no polígono de Piadela e a zona de Farragoto. Colchóns, restos plásticos, material de refugallo e sucedáneos apareceron en varias parcelas da zona industrial e nas inmediacións da estrada que une Betanzos con Mesón do Vento.

 

Os restos materiais foron retirados por un xestor autorizado e foi necesario utilizar varios colectores para executar a tarefa. Algún dos puntos nos que se realizaron os traballos son zonas habitualmente utilizadas para este tipo de actos contra o medio ambiente e por tanto, o Concello extremará a vixilancia para identificar ás persoas causantes deste tipo de verteduras, máis cando existe, a moi pouca distancia, un Punto Limpo para depositar este tipo de materiais, prexudiciais para o medio.

O obxectivo é identificar e sancionar ás persoas causantes, xa non só polo feito de ser un comportamento incívico e o efecto que produce no medio ambiente, senón polos custos que supón retirar estes restos, coa consecuente asunción das tarefas de limpeza de todas as zonas afectadas.