A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo vén de poñer en marcha un servizo de visitas autoguiadas polo casco histórico do Concello de Betanzos

494
O presidente, José Antonio Santiso, e a alcaldesa de Betanzos, María Barral, presentaron o pasado mércores día 16, a iniciativa, coa que se pretende impulsar un turismo seguro e de ámbito cultural.

Con este servizo permitirase realizar rutas autoguiadas pola zona antiga do municipio, empregando os propios dispositivos  móbiles dos usuarios, para desfrutar, coñecer e chegar ás ubicacións máis destacadas da zona.

Máis información do servizo e do acceso en: https://bit.ly/37o7zdJ