Betanzos pechou de novo o campo de Os Caneiros mentres a Garda Civil e Policía Local vixiaron os accesos e serán esixentes co cumprimento das normativas

555

Os Servizos municipais pecharon de novo o martes 25 os accesos ao campo de Os  Caneiros. Policía Local e Garda Civil velou polo cumprimento de medidas de seguridade establecidas nas normativas pola  Covid 19. A pesar da suspensión da xira, os axentes estaiveron nos camiños de acceso ao campo de Os  Caneiros.

Os primeiros no termo municipal de Betanzos e os segundos en Coirós. Advertiron ás persoas que, a pesar da suspensión das xiras, desprácense camiñando ata Os  Caneiros, que a parcela municipal permanecerá pechada e velaron polo cumprimento das normativas.

Polo río pasou o mesmo coa Garda Civil. Os integrantes das embarcacións tampouco poderon acceder á parcela municipal, pero si celebrararon una ducia de embarcacións Os  Caneiros. Nese caso, a Benemérita fixo controis, de novo, como o pasado día 18,  sobre limitación de aforo en cada embarcación e documentación en regra. Ademais, no propio Campo de Os  Caneiros, que estivo pechado en todos os seus accesos, permaneceron a Garda Civil.

A decisión do  Concello de non celebrar as xiras nin o lanzamento do Globo tómase por “razóns de seguridade pola Covid-19 e a imposibilidade de celebrar eventos que xeren aglomeracións ou concentracións de persoas”. Reiterou que foi unha decisión difícil “pero cremos que responsable porque a seguridade das persoas está por encima de calquera outra cuestión”.

De todos os xeitos, o  Concello volveu confiar, como o 18,  na responsabilidade da xente “que é consciente tamén, por todo o que está a pasar, que este tipo de eventos é imposible celebralos. Por responsabilidade e porque o máis importante é a saúde.

Os axentes velaron polo cumprimento estrito das normativas, tanto en canto a máscaras como a distancia social ou a celebración de “botellóns” que están prohibidos.