O Concello executa as obras de renovación da praza Enrique IV para evitar inundacións e filtracións

455
A alcaldesa, María Barral, xunto ao concelleiro de Obras, Diego Fernández, visitaron a zona

O Concello executa as obras mellora da praza Enrique IV, unhas obras que padeceron diversas atrasos, primeiro polas autorizacións, xa que dependían de permisos sectoriais de diversas administracións e despois por problemas derivados coa anterior empresa adxudicataria que obrigou a sacar de novo a contratación o proxecto.

Nestes momentos atópase en fase de execución. A alcaldesa, María Barral, xunto ao concelleiro de Obras, Diego Fernández, visitaron a zona na que se desenvolven os traballos e coñeceron de primeira man como se están desenvolvendo dada a súa complexidade técnica “polo efecto das mareas”.

A alcaldesa e o concelleiro explicaron a veciños da zona “as características dos traballos” á vez que trasladaron á empresa a necesidade de acometelos “coa máxima urxencia, a pesar da súa complexidade, para evitar maiores incomodidades aos veciños”.

Os traballos consisten na renovación da rede de abastecemento de auga substituíndoa por tubaxes de polietileno e executaranse as acometidas domiciliarias de auga potable, retirando a tubaxe antiga de fibrocemento.

Ademais executarase unha nova rede separativa: residuais e pluviais. Executaranse as acometidas domiciliarias de saneamento á rede. Con iso preténdese evitar as inundacións que se producían nesta praza como consecuencia desta antiga rede de saneamento.

As actuacións contemplan tamén a reposición de todas as beirarrúas existentes afectadas polas obras; o vial da calzada; diversas melloras da praza interior e as zonas que lindan coa río. Por último repoñeranse bancos, papeleiras, farois e árbores.