O Concello de Betanzos e a Universidade Sénior da Universidade da Coruña poñen en marcha a cuarta edición do Programa de Formación Universitaria para Maiores de 50 anos, un programa de formación específico para os adultos maiores de Betanzos, que se desenvolverá durante os meses de outubro e novembro no Cinema Alfonsetti .

Durante a presentación, a alcaldesa explicou que “hai tres piares básicos na nosa forma de entender a política: a educación, a cultura e o ámbito social, tres aspectos que diferencian a acción de goberno e que, sen dúbida, marcan a nosa folla de roteiro.
Cando falamos de educación, sempre centrámonos na etapa escolar, porque quizá é a que máis afecta á xestión municipal. Desde infraestruturas ou equipamentos ata os programas de axudas para material escolar, comedor, etc… Pero eramos conscientes que había unha parte da poboación á que en materia educativa tiñamos que ofrecerlle contidos, actividade. Non nos podiamos quedar atrás e máis nun tema tan sensible para nós como a educación”.
Neste sentido, indicou que “aí xurdeu a posibilidade de chegar a un acordo coa Universidade da Coruña, a Universidade Senior, e implantar un programa formativo que dea resposta ás inquietudes e necesidades dos maiores de 50 anos, un programa para compartir experiencias e coñecemento”.
A actividade desenvolverase durante outubro e novembro, cun programa específico que incluirá tres seminarios impartidos por profesorado da Universidade da Coruña con sesións teóricas e prácticas ou saídas de campo.
Os tres seminarios impartidos por profesorado dá Universidade dá Coruña abordarán:
-Patrimonio Social e Cultural
-Medio Ambiente e Sustentabilidade
-Saúde e Benestar
A alcaldesa agradeceu “o traballo e interese posto pola Universidade da Coruña para seguir facendo realidade este proxecto” que tanto interese desperta en Betanzos.
Os interesados poden inscribirse dende ou día 19 ata ou 5 de outubro na dirección udcseniorbetanzos.wordpress.com