O Concello de Betanzos homenaxea a figura de Rosalía de Castro no mes do seu nacemento, cunha mostra composta por algúns dos seus versos máis destacados, que adornarán os balcóns dos edificios municipais durante as vindeiras semanas. A exposición “Versos rosalianos na rúa” poderá contemplarse desde o día 5 ata o 28 de febreiro.
Un ano máis, o Concello de Betanzos celebra Rosalía e reivindica o seu legado como unha das maiores representantes da cultura e a literatura galegas. Aproveita os teus paseos pola vila para deterte e desfrutar da súa obra. Calquera momento é bo para a poesía!











