Café Lanzós, premio popular na Semana especial do Pincho de Semana Santa

101
A alcaldesa, María Barral, entregoulle a Adolfo Sánchez o premio como gañador ao mellor pincho.

A alcaldesa, María Barral, entregoulle na mañá do pasado 8 de abril a Adolfo Sánchez, de Café Lanzós, o premio como gañador ao mellor pincho popular na Semana especial do Pincho de Semana Santa.

O gañador foi escollido mediante votación por aquelas persoas que depositaron o seu voto para escoller o mellor pincho nalgún dos 19 establecementos que participaron nesta edición especial.

Ademais, polo feito de votar, as persoas participantes entraron no sorteo de experiencias gastronómicas para dúas persoas nun restaurante da Reserva da Biosfera. Neste caso as persoas gañadoras foron Yolanda Vázquez de la Fe, Andrés Chavite Balson, Yolanda Seoane Lesta, Marta Losada Rodríguez e Joaquín Fernández Pérez.