Entrega das credenciais compostelás do Camiño de Santiago. Galería de imaxes

64
O pasado xoves tivo lugar na Aula de Cultura do Edificio Arquivo a entrega das credenciais compostelás daqueles veciños e veciñas que realizaron o Camiño de Santiago o pasado ano 2023.

 

Máis de douscentos betanceiros e betanceiras recibiron cadansúa credencial e un pequeno agasallo para cada participante.

 

No acto, fíxose un repaso ás etapas do pasado camiño, comentando divertidas anécdotas.