Os días 22 e 23 de decembro en horario de 09:00 a 14:00 horas celebrarase o curso “Campamento Dixital” dirixido á poboación de 9 a 13 anos de idade na aula CeMIT do Concello de Betanzos.
A inscrición pode realizarse ata o día 5 de decembro presencialmente na Aula CeMIT de Betanzos ou no correo [email protected].
Campamento Dixital é un programa de actividades extra escolares de balde en competencias dixitais.
A aprendizaxe está desenrolada como un xogo a través de aventuras interactivas, nas que deberán cumprir misións. Desta maneira irán adquirindo novas competencias para utilizar Internet, manexar ferramentas dixitais útiles, e facer un uso seguro e responsable. A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega.. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando á cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolle os medios e as ferramentas necesarias para poder formar parte activa da sociedade da información.
Con esta actividade, o Concello de Betanzos aposta pola conciliación durante as vacacións de Nadal.












