Campeonato copa Deputación Provincial e proximos retos para os competdores de élite.

192

O Club Han´s Horang-i de Betanzos participou nesta proba promocional para uns competidores iniciante e rankeable para os das categorías de competitiva infantis.

Este mes de novembro estivo a celebrarse o Campionato provincial da Coruña o 15 de novembro na localidade de Bertamirans en Santiago de Compostela, así como tamén nas distintas provincias de Galicia, entre o 15 e o 22 de novembro.

Nesta fase promocionada pola Federación Galega de Taekwondo, outorga a todolos participantes un agasallo, que este ano foi unha camiseta.

Puoderon disfrutar desta proba as categorías de Parataekwondo, Amateir e Competitiva Infantil.

Hai que recordar que 1/3 dos participantes das Copas Deputación da categoría amateur acadará a participación para a Copa Xunta, que se disputará no mes de novembro. Dende hai varios anos a Copa Deputación, ademais da categoría amateur, inclúe a competitiva, na que a metade dos participantes clasifícanse para a Copa Xunta, na que estarán en xogo puntos para o ránking galego de técnica. Ademais este ano incorporouse unha categoría de paratekwondo.

O obxectivo prioritario desta competición é a participación e a promoción deste deporte. A Federación Galega de Taekwondo repartirá un agasallo entre todas e todos os participantes.

O club Han´s Horang-I de Betanzos participou con 18 competidores: 10 de ámbito Amateur e 8 de ámbito Competitivo de Élite. Foi todo un éxito xa que pasaron todos eles á seguinte fase galega que terá lugar en Nigran o 13 de decembro de 2025.

Na categoría Amateur 8 quedaron primeiros clasificados, 1 quedou segunda clasificada xa que a primeira é tamén do mesmo clube e 1 quedou quinto clasificado, mentres que na fase competitiva 3 quedaron primeiros clasificados, 3 quedaron segundos clasificados e 2 quedaron terceros clasificados.

PRIMEIROS CLASIFICADOS AMATEUR

Ana García Pazos

Maria del Carmen López Lestayo

Maria Jesús Sánchez Pedreira

Jesús Angel González Sánchez

Raquel García Pazos

Lukas Wurm López

Eiden castro García

Diego Morales Blanco

SEGUNDOS CLASIFICADOS AMATEUR

Patricia Blanco Sanmartín

QUINTO CLASIFICADO

Augusto Araujo de Paula

PRIMEIROS CLASIFICADOS COMPETITIVA

Julian Pumar Rodríguez

Vega Ferreño Gómez

Nicolás Golpe Otero

SEGUNDOS CLASIFICADOS COMPETITIVA

Ximena Golpe Otero

Ariel Menéndez Cortés

Stephan Pumar Rodríguez

TERCEIROS CLASIFICADOS COMPETITIVA

Noah Menéndez Cortés

Hugo Quintián Rodríguez

A esta fase final haberá que engadir aos representantes da categoría Adulta de competitiva:

Seung Han Shin Jang

Ana LLin Shin Veiga

Jessy Sun Shin Veiga

Begoña Veiga Rodríguez

Por outro lado nesta primeira semana de decembro o Equipo de Élite competitivo do Han´s Horang-i estará en Alicante , na localidade da Nucia loitando por un posto no ranking español para poder acceder ao campeonato do Mundo do 2026 en Corea do Sur.

Nesta cita competirán todolos competidores de Competitiva mencionados na liñas superiores. Os das categorías de Adulto, que son cintos negros o vermello/ negro no caso da categoría de cadete, son os que loitarán polo puntos no ranking español para o 2026 en Corea do Sur.