Betanzos celebrou o seu tradicional concerto da “Ilusión” coa incorporación dunha nova integrante na Banda Municipal de Música.

466

Betanzos celebrou o tradicional concerto da ilusión. Trátase dunha das citas culturais máis importantes do ano no que a Banda municipal recibe a novos/as integrantes. A alcaldesa, María Barral, explicou que o concerto é “unha das citas máis agardadas polos nosos mozos e mozas e volve pór en foco a Banda Municipal de Música de Betanzos. Este ano a nova integrante da Banda Municipal é Niza Gromaz Corbelle.