Cantos de Nadal

78

Este sábado 19 de decembro, ás 13:00 h desenvolveranse os Cantos de Nadal da Escola Municipal de Folclore. Este ano a actividade consistirá nun pasarrúas con dous puntos de partida, un grupo de alumnado sairá da Ponte das Cascas e outro sairá do Centro Cultural San Francisco, sede da Escola Municipal de Folclore.

Ambos os dous grupos irán facendo o pasarrúas interpretando pezas tradicionais ata chegar ao punto de reunión arredor das 13:15 h que será, polas previsións climatolóxicas, na Aula de Cultura Xulio Cuns do edificio Arquivo no canto de ser no Palco da Música como estaba previsto. A entrada será de balde ata completar a capacidade. As persoas asistentes poderán acceder á sala desde as 13:00 h, sempre seguindo os protocolos sanitarios de obrigado cumprimento.

Dadas as limitacións impostas pola situación sanitaria este ano só participará o alumando do Grupo Azougue e a Agrupación Untía.