Carlos Arévalo e Ivanna Román, mellores deportistas betanceiros 2019 na IV Gala do Deporte. Galería de imaxes

1191
GALA DEPORTE BETANZOS 20-decembro-2019

Concello celebrou a IV Gala do Deporte o pasado venres, día 20 de decembro no edificio Liceo. Na Gala distinguiranse e farase un recoñecemento público ao traballo, os resultados e os méritos deportivos das persoas e clubs e entidades deportivas que desenvolven o seu labor no Concello.

Como mellor deportista feminina escolleuse a Ivanna Román Sánchez, campioa de España xuvenil de xavelina e como mellor deportista masculino escolleuse ao piragüista Carlos Arévalo López, subcampión do Mundo de K4 500 metros; como mellor deportista feminina a Ivanna Román Sánchez, campeona  de España xuvenil de xabalina.

A gala tamén destacará a traxectoria como mellor deportista promesa masculino de Pedro Mantiñán Vieira, na disciplina de patinaxe de velocidade e como promesa feminina á piragüista Irene Lata Cagiao. Tamén se nomeará ao Betanzos C.F. Infantil coma mellor equipo feminino do ano e ao conxunto masculino deste mesmo club como mellor equipo masculino do Concello.

A mellor entidade recaeu no Clube Náutico Ría de Betanzos, polo palmarés dos seus deportistas

Canto a deportistas destacados os premiados foron Daniel Rodríguez Vázquez (fútbol), José Miguel Pérez Balbuena “Tyson” (Baloncesto), Mar Delgado Suárez (ciclismo MTBO), Raquel Vara Pernas (padel), Seung Han Shin Jang, Begoña Veiga Rodríguez, Izan Prego Pena, Lucas Mahía Vázquez, Arón Vázquez Martínez, Vladimir Zapparov, Ana Llin Shin Veiga, Lucía García Reyes,Tania Cortés Gil, Laura Penas Conde, Samuel Crespo Valiño, Jessy Sun Shin Veiga e Adriana Carro Aguiño (taekwondo), Iván Fernández Freire, Laura Pérez Porto, Gema Alonso Rebollo, Darío Rodríguez Ramos, Pablo Pena Mosquera, Diego Fernández Balado, Antón Veiga Prado, Joaquim Fragoso Rivas, Neftalí Paraje Díaz, Adolfo Monteagudo Leal, Marcos Cascallar Guiadas, Javier Benito Rey e José Domingo Vía Gómez (piragüismo), Carmen Castro Rábade e Sara Edreira García (hípica), María Filgueiras Barcenilla (ciclismo estrada e MTB), e Antón Pérez Medín (golf), resultando un total de 34 deportistas nesta categoría.

Equipo feminino do ano: Betanzos C.F.

Equipo masculino do ano: Betanzos C.F. Infantil.

Entidade deportiva: Clube Náutico Ría de Betanzos.

Entidades patrocinadoras: Maldita Buena Suerte, Pizzería Trattoría Sinuessa, Clínica de Fisioterapia Adrián Maceiras, Caravanas y Remolques Mallón, Comercial Becani, Vegalsa Eroski, Gadisa, Seguridad SPyC, Calzados Escala, Peluquería DOYMA.

Mencións Especiais: Francisco Buyo Sánchez, José Luis Carro Pita, Andrés Marqués Velo, José Paraje Martínez, Manuel Gómez Cagiao, As Vellas Non Paramos, Peña Escala, Fundación Manuel Villuendas; Cruz Vermella, Protección Civil e Policía Local de Betanzos.