O persoal do Grupo Municipal de Intervención Rápida realizou esta mañá diversas tarefas nas vivendas 43-45 da rúa da Cerca despois de que as choivas afectasen novamente aos restos destes dous inmobles. Nas últimas horas producíronse novos desprendementos de cascotes co que foi necesaria a presenza dos efectivos do Grupo Municipal de Intervención Rápida para retirar algunhas partes dos inmobles que corrían de desprenderse sobre a vía pública.
O Concello pechou ao tráfico a zona e reforzou a sinalización para advertir da situación.