CEMIT de Betanzos organiza novas actividades para o mes de marzo

386

Do 1 ao 31 de marzo comezamos o curso “Preparación exame CÓDIX” dirixido a persoas con coñecementos avanzados no paquete ofimático, interesadas en presentarse ao exame. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:00 h a 12:00 h por videoconferencia.

Do 8 ao 11 de marzo comezamos cun curso “Introdución a LibreOffice” dirixido a persoas sen coñecementos previos. Esta actividade levarase a cabo en horario de 16:00 h a 17:00 h por videoconferencia.

Do 22 ao 25 de marzo será a quenda do obradoiro “LibreOffice Writer nivel medio”. Dirixido á poboación en xeral. En horario de 16:00 h a 17:00 h por videoconferencia.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando á cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarias para poder formar parte activa da sociedade da información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Betanzos sito na rúa Emilio Romay, n.º 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, chamar ao teléfono 981770011 (ext 2401), ou enviar un correo electrónico ao enderezo: [email protected].