O Concello recuperou a feira do día 1, cun dispositivo especial pola Covid-19

415

Tras varias semanas suspendida pola situación que atravesou Betanzos canto á incidencia de coronavirus, o Concello decidiu, atendendo aos actuais niveis, retomar o a actividade das feiras mensuais mantendo o dispositivo de medidas de seguridade decretadas pola Covid 19. É dicir, a reorganización dos postos na propia praza dos Irmáns García Naveira para incrementar a distancia de seguridade e sinalización de entradas e saídas.

Estableceronse corredores de paso o suficientemente anchos para manter as medidas de seguridade e tentar establecer unha orde e indicar o sentido da marcha á hora de percorrer os postos. Houbo catro entradas e outras tantas saídas. Na zona de Valdoncel, na avenida de Castela, na Alameda, na rúa do Rollo. Tamén houbo un dispositivo especial de seguridade con Policía Local, Protección Civil e efectivos de seguridade privada.

Entre os postos houbo un plástico separador e só dous vendedores, como máximo, en cada un deles. Os únicos postos que non estiveron na feira serán os de venda de produtos de segunda man.

Para a reordenación da feira, o goberno local ampliou a zona de superficie da feira para non reducir o número de postos. Así, decidiu situar postos na zona da rúa do Castro. O resto estará na praza dos Irmáns García Naveira.