Na Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Betanzos terán lugar tres actividades formativas.
O día 13 de maio celebrarase a charla “Dni no teléfono: app MiDNI” dirixido á poboación en xeral. Esta actividade levarase a cabo en horario de 09:30 h a 10:30 h.
O día 18 de maio celebrarase a charla “Uso seguro do móbil: configuración e protección” dirixido á poboación en xeral. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:30 h a 12:00 h.
O 20 de maio celebrarase o exame “Exame de teleformación EMA” dirixido á poboación en xeral que previamente finalizara o curso de teleformación na plataforma EMA. Esta actividade levarase a cabo en horario de 09:00 h a 10:00 h. Á hora de entrada ao exame é ás 09:00 horas.
A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando á cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolle os medios e as ferramentas necesarias para poder formar parte activa da sociedade da información.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Betanzos situada na rúa Emilio Romay n.º 1.












