Na Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Betanzos terán lugar catro actividades formativas.
O 4 de novembro celebrarase a charla “Factura da luz” dirixido á poboación en xeral. Esta actividade levarase a cabo en horario de 11:30 h a 13:30 h.
O 8 de novembro celebrarase a charla “Sobreendeudamento” dirixido á poboación en xeral. Esta actividade levarase a cabo en horario de 11:30 h a 13:30 h
O 11 de novembro celebrarase a charla “A Intelixencia Artificial no día a día” dirixido á poboación en xeral. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:00 h a 12:00 h.
O 15 de novembro celebrarase o exame “Exame de teleformación EMA” dirixido á poboación en xeral que previamente finalizara o curso de teleformación na plataforma EMA. Esta actividade levarase a cabo en horario de 09:00 h a 10:00 h.
Os días 18, 25, 27 e 29 de novembro comezamos o curso “Identidade dixital e trámites electrónicos” dirixido á poboación en xeral. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:00 h a 12:00 h.
A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando á cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolle os medios e as ferramentas necesarias para poder formar parte activa da sociedade da información.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Betanzos situada na rúa Emilio Romay n.º 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.gal/, chamar ao teléfono 6186930052401, ou enviar un correo electrónico ao enderezo cemit.betanzos@xunta.gal.











