Homenaxe a José María Valeiro “Tocayo”. Galería de imaxes

575

O goberno local proporá que o o Pavillón Municipal do Carregal pase a denominarse José María Valeiro Iglesias “Tocayo”. Así o anunciou a alcaldesa, María Barral, coincidindo coa celebración do homenaxe que rendiu o Club Santo Domingo de baloncesto e o propio Concello ao que foi o presidente do clube durante o primeiro partido que xogou o equipo na Terceira Feb (antiga liga EBA) ante o PBB Godoy Maceira o pasado domingo, día 20,  ás 17.00 horas.

A proposta será presentada na vindeira Comisión de Nomenclator despois da reunión mantida con representantes do clube co concelleiro de Deportes, Ricardo Cheda, na que se  trasladou o desexo de que a eo actual pavillón municipal do Carregal pase a denominarse “Pavillón Municipal José María Valeiro Iglesias, ‘Tocayo’” en recoñecemento a súa labor ao frente do clube, do que foi presidente dende hai 23 anos, conseguindo rescatalo cando estaba a un paso da desaparición deportiva e levalo a disputar durante 10 temporadas consecutivas a liga EBA e aínda o máis difícil, facelo regresar a ela só unha temporada despois do descenso a Primeira Nacional.