CEMIT de Betanzos organiza novas actividades para o mes de novembro

288

Na Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Betanzos terán lugar tres actividades formativas.

Os días 3, 4, 5, 10, 11, 12, 17, 18, 19, 24 e 25 de novembro celebrarase o cursoIniciación á informática, internet e correo electrónico dirixido á poboación en xeral. Esta actividade levarase a cabo en horario de 09:00 h a 10:30 h.

Os días 7, 14, 21 e 28 de novembro celebrarase o curso A Miña Banca Dixital: fácil e segura dirixido á poboación en xeral. Esta actividade levarase a cabo en horario de 09:00 h a 11:00 h.

O 18 de novembro celebrarase o exame “Exame de teleformación EMA” dirixido á poboación en xeral que previamente finalizara o curso de teleformación na plataforma EMA. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:30 h a 11:30 h. Á hora de entrada ao exame é ás 10:30 horas.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando á cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolle os medios e as ferramentas necesarias para poder formar parte activa da sociedade da información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Betanzos situada na rúa Emilio Romay n.º 1.