Recepción ao club Kwon Betanzos

223
A alcaldesa, María Barral, e o concelleiro de Deportes, Ricardo Cheda, quixeron recoñecer, así, os éxitos acadados recentemente polo club Kwon de Betanzos.

 

Adrián Maceiras, presidente do club, foi galardoado pola Real Federación Española de Taekwondo como “mellor árbitro internacional” 2024.
Rubén Taboada García, adestrador do club dende o 2002, é actual seleccionador galego da categoría junior.
Arianna Deibe Suárez foi campioa de España cadete 2025, bicampioa galega e en dúas semanas viaxará ata Atenas xunto con Rubén e Adrián para desputar o Campionato de Europa.

 

Con este acto desde o Concello de Betanzos quixo parabenizar os éxitos dos galardoados e  agradecer o labor que o club ven realizando ano tras ano dende a base.