CEMIT de betanzos organiza novas actividades para o mes de outubro.

128

Na Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Betanzos terán lugar dúas actividades formativas.

Os días 9, 11, 16, 18, 19 e 20 de outubro levarase a cabo o curso “Teléfono móbil”, dirixido á poboación en xeral. Celebrarase en horario de 10:00 h a 11:30 h.

Os días 10, 17, 24 e 31 de outubro levarase a cabo o curso “Iniciación á Informática”, dirixido á poboación en xeral que desexe iniciarse. Celebrarase en horario de 16:00 h a 17:30 h.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da sociedade da información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Betanzos sito na rúa Emilio Romay, n.º 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.gal/, chamar ao teléfono 981 771 300, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.betanzos@xunta.gal