CEMIT de Betanzos organiza novas actividades para o mes de setembro

357

Na Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Betanzos terán lugar dúas actividades formativas.

Os días 15, 16, 17, 19, 22, 23, 24, 26, 29 e 30 de setembro celebrarase o obradoiro “Iniciación á informática” dirixido á poboación en xeral. Esta actividade levarase a cabo en horario de 09:00 h a 10:30 h.

O 25 de setembro celebrarase o exame “Exame de teleformación EMA” dirixido á poboación en xeral que previamente finalizara o curso de teleformación na plataforma EMA. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:00 h a 11:00 h. Á hora de entrada ao exame é ás 10:00 horas.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando á cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolle os medios e as ferramentas necesarias para poder formar parte activa da sociedade da información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Betanzos situada na rúa Emilio Romay n.º 1.