Concerto Cidade de Betanzos da Banda Municipal de Música coa actuación de Serafín Zubiri co concerto “Recordando a Nino Bravo”. Galería de imaxes.

331

O venres 13 ás 21:30 h na praza dos Irmáns García Naveira, tivo lugar o Concerto Cidade de Betanzos da Banda Municipal de Música coa actuación de Serafín Zubiri co concerto “Recordando a Nino Bravo”. Organiza o Concello de Betanzos.

Como cada ano por estas datas, e para dar comezo ao noso programa de actos de San Roque, a nosa Banda Municipal de Música ofreceunos un concerto Cidade de Betanzos outra vez diferente polas circunstancias que estamos a vivir.

Recordando a Nino Bravo” é un espectáculo de Serafín Zubiri (cantante, actor, locutor, presentador e deportista invidente) que ten percorrido máis de 100 vilas e cidades de España no que se recrean os temas máis emblemáticos do desaparecido Nino Bravo, coa particularidade de que a base musical é interpretada pola Banda Municipal de Música.