Dispositivo especial de tráfico

63

Con motivo da celebración das actividades previstas para este mes no programa de San Roque, a Policía Local realizará un dispositivo especial de tráfico con corte da circulación na praza dos Irmáns García Naveira os días 19 e 21, entre as 21:00 h e as 00:00 h.

Durante ese tramo de tempo as liñas de transporte público que pasan por Betanzos a esas horas recollerán aos pasaxeiros e pasaxeiras na avenida da Coruña.