Esta convocatoria ten por obxecto a concesión de axudas económicas mediante adxudicación directa ás persoas inquilinas dun contrato de alugamento ou dun préstamo hipotecario dunha vivenda situada no Concello de Betanzos e que constitúa a súa residencia habitual no momento da solicitude.
Para descargar a concesión definitiva das axudas prema aquí
A súa finalidade é contribuír a paliar o gasto que ocasiona o mantemento da vivenda habitual na economía das persoas pertencentes aos colectivos máis vulnerables.
O presuposto destinado á antedita convocatoria ascende a 70 000 €. e conta co financiamento da Deputación Provincial de A Coruña, a través do POS + Adicional 1/2025 para Gastos Sociais Extraordinarios do exercicio 2025.
A convocatoria publicouse no BOP nº143 do mércores 30 de xullo, onde se detallan os requisitos que deben cumprir as persoas beneficiarias, entre os cales figura a obriga de constar empadroada no concello de Betanzos cunha antigüidade mínima de seis meses; e atoparse en situación de vulnerabilidade económica, considerando isto cando o conxunto dos ingresos do ano 2024 dos membros da unidade de convivencia non superen, con carácter xeral, 2 anualidades do IPREM vixente. Este límite ampliarase a 2,5 anualidades do IPREM vixente no caso de grupos de familias de especial consideración.










