Ao longo do mes pasado, o director técnico e instructor principal do club ITF Brigantium, Abelardo Vázquez, levou a cabo con aproveitamento dúas acción formativas e de cualificación a nivel internacional.
Do 6 ao 8 de febreiroacudiu a Maribor (Eslovenia) convocado para participar no EQUC (EuropeanQualification Umpire Course) de taekwondo ITF, para conformar a selección de árbitros que oficiarán no vindeiro campeonato europeo.
Por outra banda, foi designado pola federación galega de kickboxing e muaythai para realizar o curso de árbitro internacional ISKA, impartido polo referente mundial do arbitraxe Paul Nichols, co que traballou ademáis coma intérprete.
O club ITF Brigantiumxa ten a mira posta no galego de kickboxing, que se celebrarán o 14 de marzo en Pontevedra, de onde sairán os seleccionados para o campionato de España.
Dende o club,agradecen os apoios recibidos por parte do Concello de Betanzos.












