Entrega de diplomas do curso de novas tecnoloxías organizado pola aula CEMIT.

156
No acto de entrega de diplomas participou o concelleiro delegado de Novas Tecnoloxías, Ricardo Cheda, quen destacou a importancia de continuar impulsando este tipo de programas formativos dirixidos a todos os colectivos.

O pasado 29 de maio, tivo lugar o acto de entrega de diplomas do curso de formación en novas tecnoloxías impulsado pola Concellería de Novas Tecnoloxías, a través da aula CEMIT.

A actividade desenvolveuse en dúas localizacións: na propia aula CEMIT, con persoas usuarias da asociación APEM, e no local social de Pintor Seijo Rubio, coa participación da Asociación de Pensionistas e Xubilados.

Durante o curso, os e as participantes traballaron contidos fundamentais para o uso cotián das tecnoloxías, como a redacción de documentos, o manexo do teléfono móbil, a realización de buscas en internet, así como aspectos relacionados coa seguridade na rede, as compras en liña e a realización de trámites electrónicos.

Esta iniciativa enmárcase na aposta do Concello por promover accións formativas que contribúan a reducir a fenda dixital, facilitando o acceso ás tecnoloxías e mellorando as competencias dixitais da veciñanza.

O Concello reafirma así o seu compromiso coa inclusión dixital e coa mellora das capacidades tecnolóxicas da cidadanía.