Entrega de premios do XVI Concurso de carteis das Letras Galegas do Concello de Betanzos, do XIII Concurso de creación literaria e do concurso de fotografía “Betanzos 1926 – 2026”

187

O pasado venres 29 de maio, ás 19:00 horas, tivo lugar o acto de entrega de premios do XVI Concurso de carteis das Letras Galegas e do XIII Concurso de creación literaria, organizados polo Concello de Betanzos, e do concurso de fotografía “Betanzos 1926 – 2026”, organizado polos centros de ensino secundario de Betanzos.

No XVI Concurso de carteis das Letras Galegas, o primeiro premio foi para María Pilar Gestal Fandiño, da Fundación Hospitalarias Betanzos. Por outra parte, os accésits foron para Sarela Martínez Blanco, do CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”, e para Antía Pérez Torres, do CEIP Francisco Vales Villamarín.

Para máis información sobre o XVI Concurso de carteis das Letras Galegas preme AQUÍ

A continuación, o XIII Concurso de creación literaria premiou as seguintes persoas:

Na categoría da ESO, a Pablo Cid Castro (1.º premio) e a Inés García García (accésit).

Na categoría de Bacharelato e ciclos formativos, a Andrea Bello Meijide (1.º premio) e a Iria María Sánchez García (accésit).

Na categoría aberta, a Jacobo Paz Limia (1.º premio) e a Francisco Javier Fernández Davila (accésit).

Para máis información sobre o XIII Concurso de creación literaria preme AQUÍ

Finalmente, no concurso de fotografía “Betanzos 1926 – 2026”, organizado polo IES As Mariñas, o IES Francisco Aguiar e o CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”, coa colaboración do Concello de Betanzos, premiáronse as fotografías realizadas polos/as seguintes alumnos/as:

Na categoría grupal, o alumnado de 4.º da ESO do IES As Mariñas.

Na categoría individual, Zaira Vázquez Deive (1.º premio), José Veiga Roel (2.º premio) e Borja Fraga Villar (3.º premio).

O Concello de Betanzos dálle os parabéns de novo a todas as persoas premiadas e agradece a participación nos diferentes concursos.