Programa de emprego para persoas mozas

343
O concelleiro de formación Ricardo Cheda xunto a dirección, profesorado e alumnado do obradoiro

O Concello de Betanzos promoveu coa participación dos Concellos de Abegondo, Carral, Coirós e Paderne o Programa de emprego para formas ás persoas mozas, en temas como a alimentación/deglución e comunicación en persoas en situación de dependencia

O obradoiro foi impartido por un profesional en logopedia.

Financiación: Subvención xestionada pola Consellería de Emprego, Comercio e emigración da Xunta de Galicia. Convocatoria cofinanciada pola Unión Europea nunha porcentaxe do 60% a través do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 e un 40% por fondos finalistas transferidos polo Servizo Público de Emprego Estatal.