- Este evento ha pasado.
Actos polo centenario da visita de Ruth Matilda Anderson a Betanzos
Xaneiro 16 - Xaneiro 17

Venres 16, ás 19:30 h no 1º andar do Museo das Mariñas terá lugar o acto de inauguración da exposición temporal titulada “Ruth Matilda Anderson, Betanzos 1926-2026”, comisariada por Ana Tomé.
Venres 16, ás 20:00 h terá lugar o visionado do documental titulado “A viaxe de Ruth” (Jaime Pardo e Xosé Reigosa, 2019) producido pola Asociación Cultural Dous Punto Oito.
Sábado 17, ás 18:00 h terá lugar o faladoiro titulado “Quen plantaba, quen vendía e quen comía os repolos de Betanzos? Unha conversa sobre a relación entre a aldea e a vila na voz de tres mulleres do Concello”, con Leticia Mayán (a do Chinto) e Sara Fraga do colectivo Pesquedellas
Sábado 17, ás 19:30 h no Cine Alfonsetti terá lugar a actuación da Escola de Música e Baile Tradicional de Coirós.
Sábado 17, ás 20:00 h no Cine Alfonsetti terá lugar unha mesa arredor da fotografía documental e o legado de Ruth Matilda Anderson coa participación de Eutropio Rodríguez, Sergio Pascual e Alba Rodríguez Saavedra.
Entrada de balde ata completar a capacidade.







