Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Campaña as mulleres somos moito…NO Deporte betanceiro.

Marzo 8 - Marzo 23

Venres 8, ás 17:00 h na Praza da Constitución terá lugar o “Escape room da igualdade. Un reto en contra da violencia de xénero”. Máis información e inscricións na OMIX do Concello de Betanzos, en [email protected] ou no teléfono 981 771 300. Organiza o Concello de Betanzos.

Sábado 9, ás 11:00 h desenvolverase a visita guiada “Betanzos en feminino” con punto de encontro para a saída na Oficina de Turismo. Inscrición obrigatoria, para máis información e inscricións na propia oficina situada na praza de Galicia 1, nos teléfonos 981 776 666 ou 638 543 169 e no enderezo electrónico [email protected]l. Actividade gratuíta. Organiza o Concello de Betanzos.

Sábado 9, no Edificio Arquivo do Antigo Reino de Galicia desenvolverase a XVIII Xuntanza de Labores Artesanais, en horario de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 19:00 h. Organizan o Concello de Betanzos e as Mulleres da Condesa.

Domingo 10, ás 12:30 h na Sala Azul do edificio Arquivo terá lugar o acto de entrega do “Premio Úrsula Meléndez de Texeda 2024” que homenaxeará a Consuelo Carro Veiga.

Os días 13 e 14, desenvolverase o curso “MullerTIC, para mulleres persoas con coñecementos básicos de informática. En horario de 11:00 h a 14:00 horas o día 13 e de 11:00 h a 12:30 h o día 14. Levarase a cabo na Aula CeMIT (Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica) do Concello situada na rúa Emilio Romay n.º 1. Para máis información e inscricións na propia aula. Organiza o Concello de Betanzos.

Xoves 21, na Aula de Cultura Xulio Cuns terá lugar o espectáculo “Chulísima” por conta de María Lado e Lucía Aldao para o alumnado dos centros de ensino de secundaria. Organiza o Concello de Betanzos dentro do programa do Día da Poesía a través de Lingua a escena da Rede cultural da Deputación da Coruña 2023.

Sábado 23, ás 20:00 h na Aula de Cultura Xulio Cuns do Edificio Arquivo terá lugar a representación teatral da obra “As que limpan interpretada pola compañía A Panadaría. Organiza o Concello de Betanzos dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC.

Detalles

Comienza:
Marzo 8
Finaliza:
Marzo 23

Lugar

Betanzos, A Coruña 15300 España + Google Map
Página Web:
https://novas.betanzos.es/?post_type=tribe_venue&p=11477