- Este evento ha pasado.
Campaña polo 8 de marzo do Concello de Betanzos
7 Marzo, 2025 - 23 Marzo, 2025

Luns 10, en horario lectivo na Aula de Cultura Xulio Cuns do edificio Arquivo, para o alumnado do IES As Mariñas, terá lugar a representación do titulado “Perreando con lentes violetas” por conta de Aventeira Sociedade Cooperativa, organiza o Concello de Betanzos coa colaboración da Deputación da Coruña.
Mércores 12, en horario lectivo na Aula de Cultura Xulio Cuns do edificio Arquivo, para o alumnado do IES Francisco Aguiar, terá lugar a representación do titulado “Perreando con lentes violetas” por conta de Aventeira Sociedade Cooperativa, organiza o Concello de Betanzos coa colaboración da Deputación da Coruña.
Os mércores 12, 19, e 26, ás 17:00 h na Sala de Usos Múltiples dos Servizos Sociais, desenvolveráse o ciclo de obradoiros titulado “A saúde das mulleres”, actividade aberta ata completar as prazas, para máis información e inscricións na propia oficina situada na praza de Galicia 1, no teléfono 981 770 707. Organiza o Concello de Betanzos.
Venres 14, ás 11:30 h na Aula de Cultura Xulio Cuns, terá lugar o coloquio “Unha parada no camiño. Revisión dos coidados”, aberto ao público en xeral ata completar a capacidade.Organiza o Concello de Betanzos.
Sábado 15, no Edificio Arquivo do Antigo Reino de Galicia desenvolverase a XIX Xuntanza de Labores Artesanais, en horario de 11:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 19:00 h. Organizan o Concello de Betanzos e as Mulleres da Condesa.
Venres 21, ás 20:30 h na Aula de Cultura Xulio Cuns do edificio Arquivo terá lugar o acto de entrega do “Distintivo Muller Emprendedora”.
Sábado 22, ás 20:00 h na Aula de Cultura Xulio Cuns do Edificio Arquivo terá lugar a representación teatral da obra “Feminísimas” interpretada pola compañía De Ste Xeito Producións. Organiza o Concello de Betanzos dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC.
Domingo 23, ás 12:30 h na Sala Azul do edificio Arquivo terá lugar o acto de entrega do “Premio Úrsula Meléndez de Texeda 2025”.
Xoves 27, en horario lectivo na Aula de Cultura Xulio Cuns do edificio Arquivo, para o alumnado do CEIP Francisco Vales Villamarín, terá lugar a representación do titulado “Cambiando o conto” por conta de Aventeira Sociedade Cooperativa, organiza o Concello de Betanzos coa colaboración da Deputación da Coruña.
Venres 28, en horario lectivo na Aula de Cultura Xulio Cuns do edificio Arquivo, para o alumnado do CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”, terá lugar a representación do titulado “Cambiando o conto” por conta de Aventeira Sociedade Cooperativa, organiza o Concello de Betanzos coa colaboración da Deputación da Coruña.
Para máis información prema aquí







