- Este evento ha pasado.
Ciclo “Betanzos con Palestina”. Proxección da longametraxe para público adulto “CHECKPOINT ROCK” (Fermín Muguruza e Javier Corcuera, 2009)
Marzo 28 @ 20:30 - 22:00

Checkpoint Rock: Cancións dende Palestina (Fermín Muguruza e Javier Corcuera, 2009).
O conflito e resistencia palestina a través da música e a poesía.
Sinopse
O documental propón unha viaxe musical, empecida polos continuos e humillantes controis militares israelís (Checkpoints) polas estradas palestinas. Porén, a cinta logra superar esas barreiras e, a través dos músicos palestinos/as, preséntanos unha testemuña directa da situación. No documental Muguruza entrevista cantantes da zona e grava actuacións tradicionais, de rock, hip-hop, …, amosando a riqueza cultural palestina.
Entrada de balde ata completar a capacidade.
Organizan Concello de Betanzos e Plataforma Comarca Betanzos con Palestina.






