Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto “Betanzos 800 aniversario. Untia+Azougue+EMuF”

9 Febreiro, 2020 @ 19:30 - 20:30

Foi un ano moi especial para o concello de Betanzos, tamén o foi para a súa Escola Municipal de Folclore.

E como colofón ao 800 aniversario e 25 aniversario da nosa Escola, despois de actuacións tan importantes e significativas como foron a posta en escena das catro danzas gremiais de Betanzos no Día de Galicia, a interpretación da Danza de Xastres xunto á Orquestra Sinfónica de Galicia na praza dos Irmáns García Naveira, a Exposición “25 anos vestindo a EMuF” ou a Exposición de fotografía “33 años de lembranzas. Un paseo pola historia da nosa Escola”, hoxe queremos ofrecer este concerto onde amosar o noso traballo na recuperación da música patrimonial de Betanzos. Todo este repertorio está vinculado á historia de Betanzos, e comprende, a un tempo, tanto ás achegas á música popular de diferentes compositores como algunhas das músicas tradicionais que permanecían agochadas nos cancioneiros e que foron recuperadas para este novo tempo polo noso alumnado. Agardamos que desfruten desta festa betanceira.

Detalles

Fecha:
9 Febreiro, 2020
Hora:
19:30 - 20:30