- Este evento ha pasado.
Curso de Campamento dixital na Aula CEMIT
10 Marzo, 2025 @ 08:00 - 17:00

Na Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Betanzos terá lugar a seguinte actividade formativa.
Os días 14, 15 e 16 de abril en horario de 09:30 a 13:30 horas celebrarase o curso “Campamento Dixital” dirixido á poboación de 9 a 13 anos de idade.
A inscrición pode realizarse ata o día 26 de marzo presencialmente na Aula CeMIT de Betanzos ou no correo [email protected].
Campamento Dixital é un programa de actividades extra escolares de balde en competencias dixitais.
A aprendizaxe está desenrolada como un xogo a través de aventuras interactivas, nas que deberán cumprir misións. Desta maneira irán adquirindo novas competencias para utilizar Internet, manexar ferramentas dixitais útiles, e facer un uso seguro e responsable
A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando á cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolle os medios e as ferramentas necesarias para poder formar parte activa da sociedade da información.
Con esta actividade, o Concello de Betanzos aposta pola conciliación durante as vacacións de Semana Santa.







