Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto de música infantil por conta do grupo Uxía Lambona e a Banda Molona

19 Agosto, 2021 @ 21:30 - 23:00

Xoves 19, ás 21:30 h na praza dos Irmáns García Naveira, terá lugar un concerto de música infantil por conta do grupo Uxía Lambona e a Banda Molona, en sustitución do programado espectáculo “Paio e o poder da música” do grupo Oviravai, aprazado por presentar positivo en Covid-19 unha persoa do grupo.

Uxía Lambona e a Banda Molona é unha banda musical infantil que nace no ano 2014 e está formada por Pali ao baixo, Ñoc á batería, Diego á gaita e frauta, Serghaño á guitarra, Roscón ao acordeón e Laura De Gabriel cantando e animando! .

A día de hoxe ten tres cd´s publicados: “Uxía Lambona e a Banda Molona” (2015), “A bailar coma tol@s” (2017) e “Astronauta Sideral” (2019).

Uxía Lambona e a Banda Molona nace como un proxecto lúdico, musical e educativo, que pretende sobre todo divertir a nenos e nenas, acercándolles os temas tradicionais galegos dunha forma nova e atractiva, utilizando para elo novos estilos musicais (ska, rock, hip-hop).

O grupo presenta cancións tradicionais dándolle un toque innovador. Recolle os clásicos populares galegos dándolle o seu toque particular, desde A Carolina “rapeada” ata O Jato “rockeiro”, pasando por outros moitos temas populares.

 

Detalles

Fecha:
19 Agosto, 2021
Hora:
21:30 - 23:00

Lugar

Praza dos Irmáns García Naveira
Betanzos, A Coruña 15300 España
Página Web:
www.betanzos.gal

Organizador

Concello de Betanzos