Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

O Concello de Betanzos convoca o XIV Concurso de carteis das Letras

Marzo 22 @ 08:00 - 17:00

O Concello de Betanzos inicia a programación das Letras Galegas 2024 co XIV Concurso de carteis, que este ano se centrará na figura da escritora Luísa Villalta.

O cartel escollido polo xurado do XIV Concurso de carteis das Letras Galegas será o que ilustre o programa das Letras Galegas 2024 do Concello de Betanzos. A entrega dos premios farase nun acto público e outorgarase un primeiro premio ao cartel seleccionado e dous accésits.

Os carteis que se presenten ao concurso deberán ter como motivo a figura homenaxeada neste ano polo Día das Letras Galegas, Luísa Villalta, e realizarse de xeito individual ademais de axustarse ás bases que se poden consultar en www.betanzos.gal. Os traballos poderanse entregar entre o 1 e o 24 de abril nas secretarías do CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”, do CEIP Francisco Vales Villamarín, do Centro Pai Menni, na Casa do Concello ou na Biblioteca Municipal Alfonso Castelao.

O Concello de Betanzos organizará unha exposición cos carteis participantes durante o mes de maio no edificio Arquivo e dentro das actividades da programación das Letras Galegas 2024.

Máis información no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos, no teléfono 981 770 100 ou no enderezo electrónico [email protected].

Podes consultar as bases completas aquí.

Detalles

Fecha:
Marzo 22
Hora:
08:00 - 17:00

Lugar

Betanzos, A Coruña 15300 España + Google Map