Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Programa Entroido 2026

Febreiro 6 - Febreiro 18

Domingo 15

Festa infantil con inchables nas pistas polideportivas exteriores cubertas anexas ao Pavillón Polideportivo Municipal do Carregal a partir das 17:00 h.

Luns 16

Baile do Entroido para a terceira idade na Aula de Cultura Xulio Cuns a partir das 18:00 h. Durante o baile sortearanse tres cestas con produtos típicos destas datas.

Pasarrúas de animación a partir das 22:00 h.

Martes 17

Festa Infantil, ás 17:00 h nas pistas polideportivas exteriores cubertas anexas ao Pavillón Polideportivo Municipal do Carregal, terá lugar unha festa infantil que terminará cun desfile infantil de disfraces con sorteo de agasallos entre os nenos e nenas que participen neste.

Mércores 18

Enterro da Sardiña, ás 20:00 h saída do Edificio Arquivo da comitiva fúnebre que acompañará a Sardiña polas rúas betanceiras, finalizará no Malecón coa queima desta no río e cunha sesión de fogos de artificio.

Posteriormente na praza dos Irmáns García Naveira procederemos á queima do deus Momo e despediremos o Entroido.

Detalles

Comienza:
Febreiro 6
Finaliza:
Febreiro 18

Lugar

Betanzos, A Coruña 15300 España + Google Map

Organizador

Concello de Betanzos